Eu non son tonto!!!! Sóavos este slogan?
Deberiamos aplicalo a quen somos defensores e
usuarios do ensino público, porque sabemos que este é o que permite avanzar á
sociedade.
Si e mil veces si ao ensino que garante a igualdade
de oportunidades.
Si e mil veces si ao ensino que aposta por
formar unha sociedade mellor.
Si e mil veces si ao ensino que busca formar persoas
AUTÓNOMAS, CRÍTICAS e SOLIDARIAS.
Si e mil veces si ao ensino que avanza na busca
da mellora e da innovación.
Si e mil veces si ao ensino que ve na
diversidade unha riqueza.
Si e mil veces si ao ensino como ferramenta
social.
Si e mil veces si ao ensino que aposta por
TODOS e TODAS.
E para aqueles que NON cren no ENSINO PÚBLICO,
Non e mil veces non ao ensino que busca o elitismo duns/has poucos/as.
Non e mil veces non ao ensino que só busca a
mellora de parte da sociedade.
Non e mil veces non ao ensino que busca formar
traballadores/as que compiten, alineados e que só se preocupan do seu benestar.
Non e mil veces non ao ensino que con falsa aparencia
de innovación só busca segregación.
Non e mil veces non ao ensino no que a
diversidade é motivo de expulsión.
Non e mil veces non ao ensino só como
ferramenta económica.
Non e mil veces non ao ensino que só aposta por ALGÚNS/HAS.
NON
AO PECHE DOS COLES PÚBLICOS!!!!