E o vindeiro 6 de maio voltamos á rúa. Desta volta organizamos unha CONCENTRACIÓN contra as reválidas. Será o 6 de maio na Farola de Urzáiz ás 19:30 horas. Anímaste a acompañarnos vestido/a de ovella??
jueves, 21 de abril de 2016
miércoles, 20 de abril de 2016
O 7 de maio teremos as IV Xornadas de Inclusión Educativa na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) sita en Poza Cabalo s/n (zona de Navia). Estas xornadas son unha oportunidade para visibilizar a diversidade funcional e para reivindicar a inclusión educativa, social e laboral das persoas con diversidade funcional. José Raposeiras, Beatriz del Pozo, Beatriz López, Manoli del Palacio, Encarna Fernández, Nieves Villar, Carmen Saavedra, Mª José Cruz, Verónica Aguiar, Carmen Gómez e a Fundación Igualarte acompañarannos nesta interesante xornada. É preciso anotarse no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
Prazas limitadas!!!
Prazas limitadas!!!
martes, 12 de abril de 2016
O vindeiro venres 22 de abril teremos a I Xornada sobre Redes Sociais no Salón de Actos do IME, dende as 16:30 ata as 20:00 horas. Estarán con nós Antonio Rial Boubeta (profesor da USC) "Internet: escolares galegos en risco?" e Víctor Julio Quesada (médico de familia) "Cando as Novas Tecnoloxías se converten en adicción". Dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público, podedes anotarvos no 986298812 ou a foanpas@foanpas.com
martes, 5 de abril de 2016
viernes, 4 de marzo de 2016
Que sabes sobre o/a orientador/a? Coñeces esta figura? Sabes cal é o seu papel no centro educativo? E cales son as súas funcións? Como pode axudar ás familias? Estas e todas as dúbidas que teñas respecto da orientación escolar e do/a orientador/a poden ser respostadas o vindeiro VENRES 11 DE MARZO ás 17:00 horas no Salón de Actos do IME. Mª Laura Malvar, orientadora do IES de Poio, será a encargada de falar de "A CONTRIBUCIÓN DAS COMPETENCIAS EMOCIONAIS D@S ORIENTADOR@S: UN RETO PARA O MOMENTO ACTUAL?". Se pertences á comunidade educativa dun centro público (nai/pai, mestre/a, director/a, orientador/a, etc.) anótate no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
martes, 16 de febrero de 2016
viernes, 5 de febrero de 2016
O pasado mércores vivimos unha xornada emotiva pero chea de forza. Quedou claro que o cancro é unha enfermidade á que hai que plantar cara e da que hai que falar abertamente, xa que ten repercusións para a persoa doente e para as persoas que están no seu entorno. Quedamos coa mensaxe dada por un rapaz de 13 anos: "Se eres positivo/a podes tirar para adiante".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












