jueves, 23 de junio de 2016

CAMIÑA Ó COLE....traballo feito!!!

Volver as antigas...andar ó cole. Aqueles tempos nos que @s nen@s ían andando o cole, adquirían responsabilidade, se lles daba autonomía e facían exercizo.

Camiña o cole no Faro de Vigo


Camiña ó cole no Atlántico


miércoles, 15 de junio de 2016

DÍA NACIONAL DO CELÍACO 27 DE MAIO

O 27 de maio día nacional do celíaco membros da Xunta directiva e a Técnica de Comedores de Foanpas visitaron un comedor escolar xestionado pola anpa do Íllas Cíes pertencente a rede de comedores de Foanpas para probar o menú sen glúten que foi para todo o alumnado o mesmo:
Ensalada de pasta de primeiro, pescada ó forno e patacas ó vapor con chícaros de segundo e de postre froita.
Con esta iniciativa Foanpas busca dar a coñecer a diversidade alimentaria que hai nos nosos comedores e neste caso en concreto para que o alumnado coñeza en que consiste a celiaquía.



lunes, 13 de junio de 2016

URRA DEIXA A SÚA PEGADA...

XORNADA SOBRE O LIBRO:
EDUCAR CON SENTIDO COMÚN.


   
Cando decidimos ser nais ou pais non se esixe facer un cursiño e obter a calificación de apto ou non apto. Educar un/ha fill@ conleva moita responsabilidade, dedicación e cariño. Dende FOANPAS  somos coñecedores da preocupación das familias do ENSINO PÚBLICO por educar do mellor xeito posible @s nos@s cativos, e tamén do valor do tempo como ben escaso, por elo iniciamos unha nova liña de formación: propor a lectura dun libro por trimestre e logo ter un faladoiro sobre o mesmo.  Esta opción permite:
-        
  •  Facer unha formación máis flexibe en canto que o ritmo e momento de lectura o estipula cada un segundo lle conveña.
  • Crear unha Biblioteca de Pais e Nais. Moitas familias decidiron adquirir o seu propio exemplar, hai Anpas que optaron tamén pola súa compra e tamén FOANPAS pon a disposición das familias 3 exemplares en préstamo.
  • Estimular o hábito da lectura.
  • Dar exemplo @s nos@s nen@s véndonos ler e fomentar neles esa inquietude pola lectura.

 Neste último trimestre o libro  escollido foi EDUCAR con Sentido Común de Javier Urra.  Para esta ocasión contamos para o noso faladoiro o autor do libro que durante dúas horas o xoves 9 de xuño amosounos pautas para educar mellor @s nos@s fill@s. Javier Urra conduciunos  dunha maneira sinxela  pero a vez profunda e educativa pola andanza diaria da convivencia c@s nos@s cativ@s .

Normas e límites, empatía e o uso do sentido común son unha adicional formación sobre temas relacionados coa educación e a vida mesma. Punto de gran interese este último xa que @s nos@s  cativ@s non nacen co libro de consultas.  Ese libro o temos que ir escribindo durante as diferentes etapas educadoras e porque non, o longo da nosa vida, é a un libro en branco no que temos a responsabilidade de ir escribindo, recabando información para que o día a día sexa coherente e facilite ferramentas @s nen@s para que poidan xestionar a súa vida, eso si, nas que as normas e límites son imprescinedibles. Os temas tocados foron moitos, límites, acoso escolar, violencia filio-pariental, violencia de xénero...

Facendo alusión a unha frase contida no libro “Hai que educar @s nen@s a ser mellores, non  a ser o mellor”  tamén nos como nais e pais debemos intentar mellorar e darlle as pautas necesarias para conseguir persoas autónomas e preparadas para afrontar os retos do futuro que cada vez son máis difíciles.

O feito de que todo cambiara tan rápido e segue a cambiar nos nosos días (redes sociais, parellas separadas, familias monoparentáis, conciliación familiar,mundo globalizado…) fai que as veces perdamos a perspectiva de que @s cativ@s non son máis ca iso cativ@s que temos que formar, e nada mellor co SENTIDO COMÚN, que por desgraza segue a ser o menos común dos sentidos…despóis de dúas horas que se pasaron voando creo que todos @s asistentes, representantes da comunidade educativa do ENSINO PÚBLICO, (pais, nais, profesorado, orientadores..), quedamos máis tranquilos,  para desenvolver a nosa difícil tarefa.

A xornada desenvolveuse no Salón de Actos do IES República Oriental do Uruguai (antigamente ROSAIS I)  que amablemente a súa directora Mª Olga Ferro Lorenzo nos cedeu.  Con máis de 80 asistentes o ambiente no que se desenvolveu foi moi agradable grazas a proximidade e bo humor amosado  por Javier Urra, así como a boa disposición a respostar ás dúbidas que se lle plantexaban. Para a presentación da xornada contamos coa Concelleira de Educación Olga Alonso Suárez.

Os comentarios finais dos participantes foron moi positivos…agradecendo a FOANPAS esta xornada na que se formaban os pais/nais do ENSINO PÚBLICO  ó mesmo tempo que se pasaba un rato divertido, xa que as sorrisas ó  longo da charla foron unha tónica dominante.

A prensa tamén se fixo eco do acto…




Atlántico Diario ...Foanpas trae a Javier Urra

Enlace a galería de fotos...Urra con FOANPAS


miércoles, 1 de junio de 2016

FALADOIRO CON JAVIER URRA

Non vos podedes perder o faladoiro sobre o libro "Educar con sentido común" de Javier Urra. Este psicólogo e pedagogo acompañaranos o vindeiro 9 de XUÑO ás 17:30 no IES ROU (Rúa Coutadas 54). Dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público, anotádevos no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com Non faltedes!!!