XORNADA SOBRE O LIBRO:
EDUCAR CON
SENTIDO COMÚN.
Cando decidimos ser nais ou pais non se esixe facer un cursiño e obter a
calificación de apto ou non apto. Educar un/ha fill@ conleva moita
responsabilidade, dedicación e cariño. Dende FOANPAS somos coñecedores da preocupación das
familias do ENSINO PÚBLICO por educar do mellor xeito posible @s nos@s cativos,
e tamén do valor do tempo como ben escaso, por elo iniciamos unha nova liña de
formación: propor a lectura dun libro por trimestre e logo ter un faladoiro
sobre o mesmo. Esta opción permite:
-
- Facer unha formación máis flexibe en canto que o ritmo e momento de lectura o estipula cada un segundo lle conveña.
- Crear unha Biblioteca de Pais e Nais. Moitas familias decidiron adquirir o seu propio exemplar, hai Anpas que optaron tamén pola súa compra e tamén FOANPAS pon a disposición das familias 3 exemplares en préstamo.
- Estimular o hábito da lectura.
- Dar exemplo @s nos@s nen@s véndonos ler e fomentar neles esa inquietude pola lectura.
Neste último trimestre o libro escollido foi EDUCAR con Sentido Común de
Javier Urra. Para esta ocasión contamos
para o noso faladoiro o autor do libro que durante dúas horas o xoves 9 de xuño
amosounos pautas para educar mellor @s nos@s fill@s. Javier Urra
conduciunos dunha maneira sinxela pero a vez profunda e educativa pola andanza
diaria da convivencia c@s nos@s cativ@s .
Normas e límites, empatía e o uso do sentido común son unha adicional formación
sobre temas relacionados coa educación e a vida mesma. Punto de gran interese
este último xa que @s nos@s cativ@s non
nacen co libro de consultas. Ese libro o
temos que ir escribindo durante as diferentes etapas educadoras e porque non, o
longo da nosa vida, é a un libro en branco no que temos a responsabilidade de
ir escribindo, recabando información para que o día a día sexa coherente e
facilite ferramentas @s nen@s para que poidan xestionar a súa vida, eso si, nas
que as normas e límites son imprescinedibles. Os temas tocados foron moitos,
límites, acoso escolar, violencia filio-pariental, violencia de xénero...
Facendo alusión a unha frase contida no libro “Hai que educar @s nen@s a
ser mellores, non a ser o mellor” tamén nos como nais e pais debemos intentar
mellorar e darlle as pautas necesarias para conseguir persoas autónomas e
preparadas para afrontar os retos do futuro que cada vez son máis difíciles.
O feito de que todo cambiara tan rápido e segue a cambiar nos nosos días (redes
sociais, parellas separadas, familias monoparentáis, conciliación familiar,mundo
globalizado…) fai que as veces perdamos a perspectiva de que @s cativ@s non son
máis ca iso cativ@s que temos que formar, e nada mellor co SENTIDO COMÚN, que
por desgraza segue a ser o menos común dos sentidos…despóis de dúas horas que
se pasaron voando creo que todos @s asistentes, representantes da comunidade
educativa do ENSINO PÚBLICO, (pais, nais, profesorado, orientadores..),
quedamos máis tranquilos, para desenvolver
a nosa difícil tarefa.
A xornada desenvolveuse no Salón de Actos do IES República Oriental do
Uruguai (antigamente ROSAIS I) que
amablemente a súa directora Mª
Olga Ferro Lorenzo nos cedeu. Con máis de 80 asistentes o ambiente no que
se desenvolveu foi moi agradable grazas a proximidade e bo humor amosado por Javier Urra, así como a boa disposición a
respostar ás dúbidas que se lle plantexaban. Para a presentación da xornada
contamos coa Concelleira de Educación Olga Alonso Suárez.
Os comentarios finais dos participantes foron moi positivos…agradecendo a
FOANPAS esta xornada na que se formaban os pais/nais do ENSINO PÚBLICO ó mesmo tempo que se pasaba un rato divertido,
xa que as sorrisas ó longo da charla
foron unha tónica dominante.
A prensa tamén se fixo eco do acto…
Atlántico Diario ...Foanpas trae a Javier Urra
Enlace a galería de fotos...Urra con FOANPAS