FOANPAS como federación concienciada na igualdade de oportunidades e na coeducación asistiu do 12 ao 15 de xullo ao curso: XII Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0 organizado pola Universidade de Santiago e o Concello de Lalín.
XII NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL, PROSTITUCIÓN, TRATA E OUTRAS VIOLENCIAS
PROGRAMA
Día 12 de xullo
9:00 h. Entrega de materiais
9:30 h. Inauguración oficial do curso
10:00 h. Conferencia FEMINISMO E SEXUALIDADE: NOVOS TEMPOS, NOVOS ENFOQUES?
Alicia Puleo García, profesora titular de Filosofía Moral e Política na Universidad de Valladolid.
12:00 h. Conferencia PEDAGOXÍA SEXUAL
Rosa Sanchis Caudet, profesora no IES Isabel de Villena de Valencia e Blogger experta en Xénero.
16:30 h. Conferencia ABRAZAR A DIVERSIDADE: PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN LIBRE DE ACOSO HOMOFÓBICO E TRANSFÓBICO
José Ignacio Pichardo Galán, profesor de Antropoloxía Social na Universidad Complutense de Madrid.
18:30 h. Conferencia PEDAGOXÍAS TRANS*FORMADORAS, O EMPODERAMENTO DAS PERSOAS TRANS*
Lucas Platero Méndez, investigador e Membro da Cátedra de Xénero da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid.
Día 13 de xullo
10:00 h. Conferencia A REALIDADE ROMÁNTICA NA AULA: PRIMEIROS PASOS CARA A VIOLENCIA MACHISTA
Kika Fumero, profesora de Secundaria. Coeducadora feminista.
12:00 h. Conferencia VIOLENCIA DE XÉNERO VS OUTRAS VIOLENCIAS
Beatriz Gimeno Reinoso, filóloga, escritora e activista social feminista.
16:30 h. Conferencia XÉNEROS 2.0: RACHAR COS ESTEREOTIPOS DENDE A MODA Alba Permuy Martínez, deseñadora de moda xuvenil. Membro do Seminario EXDEHU.
18:30 h. Conferencia IDENTIDADES MASCULINAS, PACES E VIOLENCIAS: AS PATERNIDADES POSITIVAS COMO FACTOR DE PREVENCIÓN
Ritxar Bacete González, antropólogo Social e Cultural e investigador en Estudos Feministas e de Xénero.
Día 14 de xullo
10:00 h. Conferencia O MITO DA LIBRE ELECCIÓN
Ana de Miguel Álvarez, profesora titular de Filosofía Moral e Política da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid.
12:00 h. Conferencia A INVISIBILIZACIÓN DA TRATA: OS IMAXINARIOS DA PROSTITUCIÓN
Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora social especializada en Violencia de Xénero
16:30 h. Conferencia MOZAS NOVAS 24 HORAS Mabel Lozano, actriz, directora e guionista.
18:30 h. Conferencia MASCULINIDADES HEXEMÓNICAS: DA PORNOGRAFÍA Á PROSTITUCIÓN DE MULLERES
Iván Sambade Baquerín, Doctor en Filosofía e Membro asociado da Cátedra de Estudios de Xénero da Universidad de Valladolid.
Día 15 de xullo
10:00 h. Conferencia FEMINICIDIO: UNHA CATEGORÍA EN CONSTRUCIÓN
Carme Adán Villamarín, Doutora en Filosofía.
12:00 h. Conferencia AS MULLERES TOMAMOS AS REDES: O CAZADOR CAZADO E OUTRAS EXPERIENCIAS
Alicia Murillo, artista MultINdiscilplinaDA e activista feminista.
16:30 h. Conferencia COEDUCANDO QUE É XERUNDIO
Mª Elena Simón Rodríguez, analista de Xénero, experta en Coeducación e Linguaxes para a Igualdade, conferenciante e escritora feminista.
18:30 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.
Inauguración oficial do curso Conferencia de José Ignacio Pichardo Galán