miércoles, 5 de octubre de 2016

I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola.

FOANPAS particiou e asistiu ao I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola celebrado os días 30 de setembro e 1 de outubro en Ourense. Unhas xornadas moi interesantes e onde aprendimos moito.



   


miércoles, 21 de septiembre de 2016

MANIFESTACIÓN 22 DE SETEMBRO AS 18:00 h.













O Xefe Territorial afirma na prensa que FOANPAS pide o peche do bacharelato en San Tomé e Santa Irene. FALSO.
FOANPAS pide que San Tomé e Santa Irene teñan a mesma consideración que o resto dos centros de secundaria da zona e ofrezan todas as liñas de bacharelato que precisen para garantir aos seus alumnos da ESO a continuación dos seus estudos no mesmo centro. Tamén pide que estes centros admitan ao alumnado da ESO que son capaces de atender.
O Xefe Territorial afirma que os escolares de Navia tardarán cinco minutos en chegar ao instituto de Valadares. FALSO.
Os nenos de Navia, xa este ano, collen o autobús ás 7:45 para chegar ás súas clases ás 8:45 en Valadares, en primeiro curso da ESO.
O Xefe Territorial afirma que o Alexandre Bóveda ten catro centros adscritos (Balaidos, Seis do Nadal, Virxe do Rocío e Illas Cíes) e que o Castelao de Navia está adscrito a Valadares. FALSO.
O Alexandre Bóveda ten agora mesmo cinco centros adscritos (Balaidos, Seis do Nadal, Virxe do Rocío, Illas Cíes e Castelao). Para modificar a adscrición, tal e como a normativa establece, a persona titular da xefatura territorial ten que escoitar ao consello escolar municipal e a xunta provincial de directores, tras informe da inspección educativa. Este trámite non foi levado a cabo.
Estas afirmacións falsas son publicadas xusto un día despois de que o Conselleiro se comprometese públicamente ante as ANPAs a facer un estudo técnico sobre a zonificación e a adscrición na nosa cidade. É este o resultado do estudo?
E afirma que estas decisións se toman tendo en conta a opinión dos centros e dos usuarios. Que centros?, que usuarios? FALSO.

POR UNHA ZONIFICACIÓN E UNHA ADSCRICIÓN XUSTA E
POLA DIMISIÓN DO XEFE TERRITORIAL


martes, 13 de septiembre de 2016

POR UNHA NOVA ZONIFICACIÓN XA!!!

Estimadas familias:

O problema da zonificación está a pasar por uns momentos complicados e a administración educativa non está a aplicar un criterio único para esta cuestión senón que está parcheando a situación, neste intre temos o exemplo dos colexios adscritos o IES Alexandre Bóveda.
O IES Alexandre Bóveda está preparado e dotado para atender a cinco liñas educativas. Este é o número de liñas que albergaba ata o curso pasado e o número de liñas que, dado o espazo físico e material determinado polas súas instalacións, pode atender de xeito adecuado.
A Xefatura Territorial dita Resolución o 5 de febreiro de 2015 pola que ordena un cambio no reparto da adscrición. Antes de producirse esta modificación, o IES Alexandre Bóveda tiña 3 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos e CEIP Pintor Laxeiro) que enchían, xunto cos/coas repetidores/as que puidese haber, un total de 5 grupos que nutrían as 5 liñas do centro. Como consecuencia do cambio na adscrición, na actualidade o IES ten 5 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos, CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Illas Cíes e CEIP Virxe do Rocío), que no anterior curso deu orixe, xunto cos/coas repetidores/as, a 6 grupos de 1º de ESO.
Por o anteriormente dito queremos unha zonificación digna para os nosos fillos, baseada no criterio de proximidade, que non teñan que pasar un proceso de baremación e ter a garantía de estar escolarizados nun IES dentro do entorno de residencia, polo cal os animamos a participar o vindeiro día 12 de setembro ás 19:00 na manifestación por unha nova zonificación en Vigo, baseada no criterio de cercanía, que sairá dende o CEIP Balaídos e o día 15 de setembro ás 19:00 na cadea humana e muralla de libros que terá lugar no IES Santa Irene.

Un cordial saúdo,
FOANPAS.


La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Vigo al Minuto