miércoles, 27 de enero de 2016

O vindeiro 3 de febreiro ás 18:00 horas no Salón de Actos do IME teremos unha charla para a comunidade educativa dos centros de ensino público: "CANCRO, LECCIÓN DE VIDA". Esta doenza afecta non só ás persoas ás que se lle diagnostica senón que tamén ten repercusión nas persoas do seu entorno. Como afrontar a doenza? Como explicarlle aos/ás nenos/as o que sucede? Por que falta alguén cercano? Beatriz Figueroa tentará respostar a todas estas cuestións dende a súa vivencia persoal. ACTIVIDADE CON INSCRICIÓN PREVIA.


jueves, 21 de enero de 2016

viernes, 15 de enero de 2016

CONCENTRACIÓN CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A DISCRIMINACIÓN.

Onte xuntámonos no Marco para berrar contra a homofobia, a transfobia e toda discriminación e para reivindicar unha escola inclusiva que garanta o benestar de todos os nenos e todas as nenas. Nesta loita todos e todas sumamos, todos e todas temos moito que dicir, todos e todas temos moito que facer.
Grazas a todas as persoas que nos acompañaron no emotivo acto de onte: representantes dos partidos políticos, asociacións e entidades, medios de comunicación, persoas implicadas e a todos e todas os que vos achegastes e a todos e todas os que pararon na rúa ao vernos alí.
GRAZAS!!!

(Nova relacionada no Faro de Vigo)




jueves, 14 de enero de 2016

CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A DISCRIMINACIÓN

Concentración contra a homofobia, a transfobia e todo tipo de discriminación. Por unha escola inclusiva que garanta o benestar de todos os nenos e de todas as nenas.
14 de xaneiro ás 20:00 horas no Marco.