martes, 16 de febrero de 2016

O vindeiro venres 26 de febreiro toca falar da xestión fiscal dunha ANPA. Dirixido á comunidade educativa dos centros de infantil, primaria e secundaria dos centros de ensino público. Dende as 16:30, Jaime Aneiros, profesor da UVigo, dará conta de todas as dúbidas que temos. Anotádevos!!


viernes, 5 de febrero de 2016

O pasado mércores vivimos unha xornada emotiva pero chea de forza. Quedou claro que o cancro é unha enfermidade á que hai que plantar cara e da que hai que falar abertamente, xa que ten repercusións para a persoa doente e para as persoas que están no seu entorno. Quedamos coa mensaxe dada por un rapaz de 13 anos: "Se eres positivo/a podes tirar para adiante".