9 DE FEBREIRO:
No Nadal do 2016
enviamos ao Parlamento galego e ao Congreso dos Deputados do goberno español un
agasallo para cada un/ha dos/as membros das respectivas cámaras.
Este agasallo consistía
nun libro de texto en perfecto estado de uso pero descatalogado. Ía acompañado
dunha carta na que o libro reflictía os seus sentimentos, sentimentos nobles e
profundos.
Facía ver e
sentir como se encontraba, tirado, esquecido e arrinconado, perdido... a carta
o di todo.
Recibimos un
escrito da presidencia do goberno español, que como se pode apreciar, o
Presidente síntese reconfortado polas ideas aportadas nesa carta do libro e
danos as grazas e bríndase para "ser receptor de todas as nosas demandas".
Tomamos nota.
O escrito vai
dirixido a todas as familias da escola pública.