lunes, 19 de septiembre de 2016
jueves, 15 de septiembre de 2016
martes, 13 de septiembre de 2016
POR UNHA NOVA ZONIFICACIÓN XA!!!
Estimadas familias:
O problema da zonificación está a pasar por uns momentos complicados e a administración educativa non está a aplicar un criterio único para esta cuestión senón que está parcheando a situación, neste intre temos o exemplo dos colexios adscritos o IES Alexandre Bóveda.
O IES Alexandre Bóveda está preparado e dotado para atender a cinco liñas educativas. Este é o número de liñas que albergaba ata o curso pasado e o número de liñas que, dado o espazo físico e material determinado polas súas instalacións, pode atender de xeito adecuado.
A Xefatura Territorial dita Resolución o 5 de febreiro de 2015 pola que ordena un cambio no reparto da adscrición. Antes de producirse esta modificación, o IES Alexandre Bóveda tiña 3 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos e CEIP Pintor Laxeiro) que enchían, xunto cos/coas repetidores/as que puidese haber, un total de 5 grupos que nutrían as 5 liñas do centro. Como consecuencia do cambio na adscrición, na actualidade o IES ten 5 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos, CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Illas Cíes e CEIP Virxe do Rocío), que no anterior curso deu orixe, xunto cos/coas repetidores/as, a 6 grupos de 1º de ESO.
Por o anteriormente dito queremos unha zonificación digna para os nosos fillos, baseada no criterio de proximidade, que non teñan que pasar un proceso de baremación e ter a garantía de estar escolarizados nun IES dentro do entorno de residencia, polo cal os animamos a participar o vindeiro día 12 de setembro ás 19:00 na manifestación por unha nova zonificación en Vigo, baseada no criterio de cercanía, que sairá dende o CEIP Balaídos e o día 15 de setembro ás 19:00 na cadea humana e muralla de libros que terá lugar no IES Santa Irene.
Un cordial saúdo,
FOANPAS.
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
Vigo al Minuto
domingo, 11 de septiembre de 2016
ROLDA DE PRENSA
Loitando por unha nova ZONIFICACIÓN....
Zonificación na Voz de Galicia
Zonificación Faro de Vigo
Loitando por unha nova ZONIFICACIÓN....
Zonificación na Voz de Galicia
Zonificación Faro de Vigo
viernes, 9 de septiembre de 2016
Moción presentada no Consello Escolar Municipal para unha nova Zonificación Escolar en Vigo
ANTECEDENTES
O
IES Alexandre Bóveda está preparado e dotado para atender a cinco liñas
educativas. Este é o número de liñas que albergaba ata o curso pasado e o
número de liñas que, dado o espazo físico e material determinado polas súas
instalacións, pode atender de xeito adecuado.
A
Xefatura Territorial dita Resolución o 5 de febreiro de 2015 pola que ordena un
cambio no reparto da adscrición. Antes de producirse esta modificación, o IES
Alexandre Bóveda tiña 3 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos e
CEIP Pintor Laxeiro) que enchían, xunto cos/coas repetidores/as que puidese
haber, un total de 5 grupos que nutrían as 5 liñas do centro. Como consecuencia
do cambio na adscrición, na actualidade o IES ten 5 centros adscritos (CEIP
Seis do Nadal, CEIP Balaídos, CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Illas Cíes e CEIP
Virxe do Rocío), que neste curso deu orixe, xunto cos/coas repetidores/as, a 6
grupos de 1º de ESO.
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) o pasado 19 de xaneiro
de 2015 emitiu un dictame no que no seu punto 7 advirte que esta situación se
produciría, xa que trasladaba a sobrecarga do IES Álvaro Cunqueiro ao IES
Alexandre Bóveda, ademais do previsible aumento de poboación en Navia, que a
Administración non prevía.
A
día de hoxe, os centros de primaria adscritos ao IES Alexandre Bóveda suman 7
grupos de 6º de primaria, ao que se suman os/as repetidores/as, polo que a
demanda de escolarización será de 7 ou 8 grupos. Por
esta razón, a ANPA do IES Alexandre Bóveda e as ANPAS dos CEIPs adscritos ao
mesmo asinan un manifesto común no que reclaman unha educación pública de
calidade, non masificada e que dea resposta ás necesidades do alumnado e das
familias, respectando así o seu dereito fundamental á educación.
TEXTO:
Polo exposto, FOANPAS, propón que se
adopten os seguintes acordos:
Primeiro.-
Que se faga un seguimento e unha revisión de se a nova adscrición, que
prexudica ao IES Alexandre Bóveda, afecta de igual xeito a todos os centros de
secundaria que puidesen verse implicados.
Segundo.- Que unha vez obtidos os datos que permitan valorar se
a adscrición é acertada ou non, no caso de non selo prantexar canto antes a súa
modificación.
Terceiro.- Que
se apoie á comunidade educativa do IES Alexandre Bóveda na súa reivindicación
diante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.
miércoles, 7 de septiembre de 2016
FOANPAS NO VICUS SPACORUM V
Esta fin de semana, imos estar presentes na V edición do Vicus Spacorum no PAU de NAVIA.
Imos ir vestidos acorde o periodo histórico.
Animádevos a participar connosco!!!!
Podedes acceder ocontido do programa no seguinte enlace:
www.vicus-spacorum.es/programa
Imos ir vestidos acorde o periodo histórico.
Animádevos a participar connosco!!!!
Podedes acceder ocontido do programa no seguinte enlace:
www.vicus-spacorum.es/programa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















