miércoles, 20 de abril de 2016

O 7 de maio teremos as IV Xornadas de Inclusión Educativa na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) sita en Poza Cabalo s/n (zona de Navia). Estas xornadas son unha oportunidade para visibilizar a diversidade funcional e para reivindicar a inclusión educativa, social e laboral das persoas con diversidade funcional. José Raposeiras, Beatriz del Pozo, Beatriz López, Manoli del Palacio, Encarna Fernández, Nieves Villar, Carmen Saavedra, Mª José Cruz, Verónica Aguiar, Carmen Gómez e a Fundación Igualarte acompañarannos nesta interesante xornada. É preciso anotarse no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com
Prazas limitadas!!!