miércoles, 28 de junio de 2017




SALVEMOS O ENSINO PÚBLICO!!!

Eu non son tonto!!!! Sóavos este slogan?

Deberiamos aplicalo a quen somos defensores e usuarios do ensino público, porque sabemos que este é o que permite avanzar á sociedade.

Si e mil veces si ao ensino que garante a igualdade de oportunidades.

Si e mil veces si ao ensino que aposta por formar unha sociedade mellor.

Si e mil veces si ao ensino que busca formar persoas AUTÓNOMAS, CRÍTICAS e SOLIDARIAS.

Si e mil veces si ao ensino que avanza na busca da mellora e da innovación.

Si e mil veces si ao ensino que ve na diversidade unha riqueza.

Si e mil veces si ao ensino como ferramenta social.

Si e mil veces si ao ensino que aposta por TODOS e TODAS.

E para aqueles que NON cren no ENSINO PÚBLICO,

Non e mil veces non  ao ensino que busca o elitismo duns/has poucos/as.

Non e mil veces non ao ensino que só busca a mellora de parte da sociedade.

Non e mil veces non ao ensino que busca formar traballadores/as que compiten, alineados e que só se preocupan do seu benestar.

Non e mil veces non ao ensino que con falsa aparencia de innovación só busca segregación.

Non e mil veces non ao ensino no que a diversidade é motivo de expulsión.

Non e mil veces non ao ensino só como ferramenta económica.

Non e mil veces non ao ensino que  só aposta por ALGÚNS/HAS.

NON AO PECHE DOS COLES PÚBLICOS!!!!


POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO!!!

FOANPAS